Como sabemos, a Cristalografía é a disciplina que estuda a disciplinada grafía dos cristais. E sabemos como?
Como raio é que unha ciencia como a Cristalografía chegou a se converter nunha das especialidades máis respeitadas da Ciencia? Como raio é posíbel que case 30 Premios Nobel teñan relación directa co estudo dos cristais?
Para resolver esta incógnita debemos achegarnos á propia incógnita por excelencia: o X. E que raio terá a ver o X en todo isto? A resposta reside na luz misteriosa que consegue invadir a intimidade cristalina para nos permitir desvendar a súa estrutura.
Esa luz misteriosa non é outra que os Raios X.
CRISTALIZANDO_Vicente Mohedano